O Campus

SalnésCampus é un laboratorio aberto a toda persoa que desexe colaborar, aprender ou compartir coñecementos en calquera tecnoloxía pola que se sinta curiosidade ou interese. SalnésCampus nace coa  pretensión de promover e estimular a creatividade, a imaxinación, as emocións, a innovación, a autonomía e a iniciativa persoal e o auto-aprendizaxe de calquera persoa, en áreas como:

  • Robótica
  • Domótica
  • Drons
  • Desenvolvemento de aplicacións
  • Redes

Buscamos reducir a brecha tecnolóxica das persoas, achegándoas á aplicación e a o uso das tecnoloxías como ferramentas útiles, cercanas, naturais e intuitivas, que lles aportarán facilidades, beneficios e solucións a problemas cotias, reais. A nosa maior aspiración é, que poidas acudir a SalnésCampus para resolver as túas dúbidas e aprender ou aportar, ben sexa por medio de charlas, de obradoiros, ou de todo aquelo que sexamos capaces de crear entre todos nos porque, iso sí, proxecto a proxecto, avanzaremos xuntos.

A Sede

Pazo de Vista Real,

36629 Vilanova de Arousa, Pontevedra

Pazo de Vista Real

O equipo

Manuel Fraga Castro

Manuel Fraga Castro

Fundador

Enxeñeiro informático e emprendedor no ámbito do eHealth e aplicacións médicas da tecnoloxía. Apasionado da robótica como vehículo para educar a rapaces e xóvenes. Fundador e promotor de eventos para startups como a LaconNetwork e o PrimerViernes.

Mateo Soto Ramos

Mateo Soto Ramos

Fundador

Enxeñeiro Técnico en Informática de Sistemas, Formador de Formadores e Máster en Educación Secundaria. Varios anos de experiencia como docente universitario e alfabetización dixital. Enxeñeiro en Frinsa do Noroeste. Responsable en organizacións como o IEEE e a Cruz Vermella.

Susana Oubiña Falcón

Fundadora

Licenciada en Ciencias Físicas por Electrónica e Máster en Enxeñería Telemática. Traballa como docente impartindo a materia de Tecnoloxía en centros públicos galegos. Adora a Tecnoloxía e as suas diferentes vertentes, disfrutando ante todo, nas temáticas de robótica, domótica e Computación Ubicua.
Margarita Santiago Pazos

Margarita Santiago Pazos

Fundadora

Licenciada en Matemáticas. Docente no IES de Valga onde imparte matemáticas e robótica. Impartiu docencia de Moodle, Edilim e PDI a grupos de profesorado e coordinado proxectos. Traballa co seu alumnado na creación de aplicacións para móbil con App Inventor. Ilusionada con que a robótica mellore as nosas vidas.
Cristobal Álvarez Cervino

Cristobal Álvarez Cervino

Fundador

Licenciado en Física. Especialidade en Física Aplicada. Profesor de Tecnoloxía no IES A Basella de Vilanova de Arousa. Dende anos atrás está involucrado na aplicación didáctica da programación de Arduino nas súas clases. Impartiu cursos para profesores de Secundaria sobre o uso de aplicaciones informáticas.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies