Nunha sociedade na que compartir empeza a ser algo común, onde o desenvolvemento de estruturas abertas empézase a xeneralizar e onde empezan a existir novas canles de participación non convencionais, comezan a nacer, en diferentes partes do mundo, laboratorios abertos (Open Labs) que pretenden ser o fogar de enxeñeiros, artistas, hackers…  En definitiva, de calquera persoa que queira achegar os seus coñecementos e entusiasmo ao desenvolvemento de proxectos dunha forma interdisciplinar para converterse no caldo de cultivo da xeneralización e transmisión de novas ideas e aplicacións da tecnoloxía á súa contorna máis inmediata.

A filosofía que subxace nos Open Labs é dedicar ao dominio público o seu traballo, distribuído baixo licenzas GPL, xerar código aberto, contido distribuído baixo licenzas creative commons e novos aparellos (hardware) con instrucións DIY. É dicir, focalizar os seus esforzos en redes, información, contido e fabricación aberta.

Neste contexto, un grupo de profesionais de distintos ámbitos: educativo, empresarial… vimos a oportunidade de poñer o noso granito de area  ao desenvolvemento deste tipo de estruturas participativas e abertas na nosa contorna: a comarca do Salnés.

Por que non poñer ao alcance de todos os nosos coñecementos para ensinar aos demais e toda a nosa curiosidade para aprender deles? Só se necesita un espazo, a masa crítica de persoas interesadas e o detonador dun bo proxecto. Cremos que temos todos estes ingredientes en SalnesCampus. Queres colaborar connosco?

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies