Obradoiro de tarxetas de Nadal animadas

Durante os días 28, 29 e 30 de Dicembro de 2015 en horario de 17.00 a 20.00 no Pazo de Vista Real de Vilanova de Arousa terá lugar un obradoiro de introducción á programación para pais e fillos usando Scratch, a famosa linguaxe de progrmación do MIT.

Nesas 9 horas sentaranse as bases do pensamento computacional e faranse diversos programas informáticos creados polos nenos e os adultos que os acompañen. O reto final consiste en crear unha tarxeta de nadal interactiva para compartires por internet con familiares, amigos e o resto do mundo.

O curso imparteo a docente Susana Oubiña, todo un referente nesta materia, e Manuel Fraga, enxeñeiro informático, axudará a comprender algúns conceptos.

As plazas son limitadas por mor da capacidade da aula. Prégase os interesados que se inscriban axiña

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies