Un dos principais obxectivos que temos en Salnés Campus é o fomento entre a rapazada das disciplinas STEM (abreviatura en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñeria e Matemáticas). Para acadalo, levamos dous anos desenrolando un campus tecnolóxico con diversos obradoiros destas disciplinas. Este verán consolidámolo en Vilanova de Arousa e espallámolo a Cambados e Sanxenxo.

A bisbarra do Salnés acolle a unha poboación estimada de 120.000 habitantes espallados entre Vilagarcía, Cambados, Vilanova e Sanxenxo. Esto é semellante á poboación dunha cidade intermedia. Gracias ó esforzo dos nosos asociados e ó traballo dos nosos monitores puidemos ampliala oferta formativa de SalnésCampus a tres das catro localidades máis grandes da bisbarra. Pensamos que este é o camiño a seguir, somos a meirande oferta educativa en Tecnoloxía dos arredores, con obradoiros innovadores e formación en deseño e impresión 3D, drons, programación, robótica e obradoiros de ciencia divertida que nada teñen que envexar a outras ofertas de campamentos semellantes en poblacións maiores ou en grandes cidades como Madrid, Barcelona, A Coruña ou Bilbao.

Ensinar a facer un bo uso das ferramentas tecnolóxicas e que a rapazada aprenda mentres xoga, é a finalidade que nos empurra a traballar no deseño de actividades chamativas para que desenrolen a súa creatividade. Facemos uso intensivo de ferramentas sinxelas que acadan que a curva de aprendizaxe (o avance en coñecementos e destrezas) sexa alta. Tanto para os máis cativos (8-12 anos) como para os maiores (12-16 anos)

Empregamos Tinkercad para o deseño en 3D, mblock para a programación de mBot e Rangers, Arduino para experimentos, Scratch e App Inventor para realizar programas e estamos a colleitar un moi bo resultado.

O Campamento Tecnolóxico de Salnéscampus é so o comenzo do que queremos facer. Có aumento de asociados gustaríanos levar a cabo, entre outros proxectos, fins de semana tecnolóxicos, formación de equipos de robótica estables que puideran representar á bisbarra en competicións autonómicas ou estatais, equipos con experiencia para ir a hackatóns que como xeito de transferencia de ideas e coñecementos, emprender unha oferta estable de actividades extraescolares tecnolóxicas para colexios e institutos e axudalos na incorporación da robótica educativa nas aulas. E así, un longo etcétera.

Só nos queda animarte a formar parte de nós. Por iso, si tes interese en dinamizala bisbarra do Salnés con Ciencia e Tecnoloxía non dubides en contactar con nós en: hola@salnescampus.eu ou na conta de Twitter @salnescampus

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies